García Sánchez, Patricia

Arrecife y la fábrica de melodías : fantasía en sol sostenido / Patricia García Sánchez ; ilustrado por Concha Martínez Pasamar - 1ª ed., noviembre 2016 - [Madrid] :Bookolia ,2016 - [40] p. :principalmente il. col. ;25cm

Música, aventuras e valores únense para crear unha historia onde a liberdade, a tenacidade e a maxia son os ingredientes fundamentais. Unha homenaxe ao silencio como parte da música e a historia. Bello, delicado e sempre presente.
Cada capítulo desta orixinal novela está acompañada por unha referencia a música de mulleres compositoras: Clara Schumann, Gracia Baptista, Amy Beach, Celia Torrá, Francesca Caccini, Pauline Viardot, Melania Bonis… arroupan o texto coas súas fascinantes melodías.Arrecife vive na Illa dos Volcáns, na fábrica de melodías. Pronto, ocorrerá algo insólito: o sol queda quieto, inmóbil, no ceo. A sucesión de días e noites desaparece. Así, a pequena emprende unha apaixonante viaxe polo reino de Disonancia para resolver o enigma. Alí coñecerá personaxes divertidos e misteriosos, visitará lugares insólitos e axudará en misións case imposibles.


5º-6º Primaria

9788494430695


Música--Aspectos psicológicos
Valores humanos-novelas--feminismo
mulleres

78

Coa tecnoloxía Koha