Mariposas : cuando las familias cambian / Marta Prada
por Prada, Marta [autor/a]
; Tous, Mercè [ilustrador/a]
.
Tipo: 



Os pais de Leo separáronse e agora ten dúas casas. Leo sente triste e estalle custando. Unha adaptación que será máis levadía grazas a un par de oruguitas que observa día a día desde a súa xanela. Marta Prada (@pequefelicidad + 1 millón de seguidores) volve cun precioso álbum ilustrado sobre a separación dos pais, un tema de gran impacto emocional para os fillos.
Bolboretas. Cando as familias cambian, é un álbum ilustrado para nenos que trata con sensibilidade e emoción os cambios familiares, como a separación dos pais. Escrito por Marta Prada e ilustrado por Mercè Tous, este libro forma parte da Colección Tesouros de Carambuco e ofrece unha poderosa ferramenta para a educación emocional infantil.
Este conto axuda aos nenos para entender e xestionar as súas emocións, ofrecendo recursos para afrontar situacións difíciles como os cambios na dinámica familiar. Perfecto para pais e nais, educadores/as e profesionais que traballan coa infancia.
Con ilustracións cativadoras e tenras e unha narrativa chea de empatía, “Bolboretas. Cando as familias cambian” é ideal para nenos que necesitan apoio durante procesos de separación parental ou cambios na estrutura familiar.
4º-5º-6º Educación Infantil
1º-2º Primaria