Losada, Óscar

A tese de Margot / Óscar Losada - 1ª ed. - A Coruña : Concello da Coruña , 2025 - 64 p.

En 1926, a filóloga alemá Margot Sponer viaxa a Galicia para investigar a lingua galega, mergullándose na cultura local e coñecendo as súas xentes. A súa tese de doutoramento fai dela unha pioneira na historia do noso idioma.

Neste cómic acompañamos a Margot nas súas andainas por Galicia, onde forxa amizade con figuras da Xeración Nós, e coñeceremos os posteriores acontecementos vividos no seu país coa presenza constante do nazismo, que empregou os Xogos Olímpicos de Berlín 1936 como un lugar de propaganda do réxime.

A vida de Margot, que deu clases na universidade de Berlín, é unha historia inspiradora que reivindica o labor profesional e valentía dunha muller afouta.

3º-4º ESO 1º-2º BAC

9788409741168


Socioloxía
Biografías
Realismo
Vida cotiá

82C

Coa tecnoloxía Koha