Solar, María (1970-)

Adeline / María Solar - 1ª ed. - Vigo : Xerais , 2024 - 288 p. ; 20.5 cm. - Fóra de xogo 211 .

Finalista do XV Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil-

Adeline é unha homenaxe a Carmilla, a primeira vampira literaria, escrita vinte e cinco anos antes de Drácula. Laura vive desde nena agoniada por un estraño don que posúe: ve mortos. Durante anos leva unha vida solitaria no pazo familiar da contorna de Verín. Cando medra, a ansiada vida universitaria en Madrid tampouco é o que esperaba. No regreso estival ao pazo, Laura atopa unha misteriosa viaxeira. A muller é idéntica á que viu en soños moitos anos atrás. Non é un encontro casual. Aquela moza está alí para descubrirlle que o Universo é moito máis inmenso do que percibimos e que os seres ocultos están e estiveron sempre entre nós. «Os non mortos non temos idade. Laura, só quero que saibas que estou en perigo.»

1º-2º ESO

9788411104524


Vampiros
Saúde mental
Romance
Fantasía
Carmilla

821.134.4-31"20"

Coa tecnoloxía Koha